Nove palabras

Imagen
01 - 30 de Marzo 2024, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición de pintura de Carmen Fernández V.

Cedemos o espazo para a realización da exposición de pintura Nove palabras de Carmen Fernández V. (en instagram: @carferva).  Son nove retratos de mulleres realizados con técnica mixta, desde o carbón ao acrílico. Mulleres que coa súa palabra teñen moito que dicir na literatura do noso país. Nove palabras pintadas, nove cores, nove voces. Son María Canosa, Paula Carballeira, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Berta Dávila, Teresa Moure, Antía Otero, Arantza Portabales e María Solar.

A exposición estará acompañada dunha mostra bibliográfica coas obras máis representativas destas autoras. Poden visitarse do 1 ao 30 de marzo no vestíbulo en horario de apertura da biblioteca.