Caxoto
Está a piques de comezar o concerto “Luísa Villalta, Adagio!” O silencio do auditorio é tenso e expectante. Un estrafalario director de orquestra entra no escenario. Despois duns estranos aspaventos preparatorios disponse a iniciar a dirección da orquestra. Golpea coa batuta para indicar o inminente arranque do concerto, sinala o tempo con tres movementos precisos e ataca o inicio da obra musical... pero ninguén toca! No sitio da orquestra un público abraiado mira atentamento para o director...
Este é o comezo deste especáculo onde o estrafalario concertista desconcertado asume un erro na organización e posto que non dispón de orquestra que dirixir decide cambiar o concerto por unha improvisada viaxe pola vida e obra da gran poeta galega Luísa Villalta homenaxeada este 2024 co DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Unha divertida forma de achegarse á vida e obra da poeta a partires dos seus temas habituais, as súas preocupacións, á música,... que nos deixará contos, música, exercicios poéticos,... e un interesante poema colectivo a partires das nosas poetas galegas dende Rosalía de Castro ata a nosa homenaxeada.
Duración: 60 minutos
Público familiar a partir de 4 anos
Salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala