Organiza a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA)
A biblioteca cede o espazo á Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) para a realización do contacontos “Son Mariña!” que estará a cargo do actor Fernando Rivas.
“Son Mariña!” é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través dela, as máis pequenas e pequenos poden comprender tanto os seus sentimentos como todo o que debemos ter en conta cando temos un amiguiño con celiaquía.
Un conto que fomenta a inclusión na sociedade de todas as persoas con necesidades diferentes, ademais do respecto e a igualdade a través de diferentes personaxes, cancións e xogos. A cativada poderá coñecer a historia de Mariña e os seus amigos. Unha historia que se conta a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico que a través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute e a importancia dunha alimentación saudable.
No salón de actos.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.