Filipa cos contos

Imagen
29 de Junio 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos da man de Bandullo Azul

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes" acompañados dunha guitarra.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.