Escola de calor - Presentación e Mesa Redonda

Imagen
03 de Junio 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bibliotecas, espazos cidadáns e cambio climático

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático, derivada dunha colaboración entre investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Université de Toulouse.  A calor constitúe un desafío para o futuro dos ecosistemas naturais e, taménm para a habitabilidade dos espazos urbanizados e as infraestruturas.

Este luns teremos a presentacións da Escola de Calor ás 18.00h a cargo de Jula Hidalgo  e unha Mesa redonda: Bibliotecas, espazos cidadáns e cambio climático.

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións, conversatorios ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.