25 de Octubre 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos para bebés a cargo de Catuxa Cela
Camila é xa todo un clásico para a nosa infancia. Un conto no que a colaboración e a empatía cobran protagonismo. A través da palabra, da canción e das imaxes os nenos e as nenas gozarán desta viaxe con Camila que xa está preparada para ser maior.
No salón de actos. Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada bebé estará acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.