Física e luz

Imagen
13 de Noviembre 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro a cargo de Vermislab

O obradoiro consistirá na realización de experimentos relacionados coa luz. Farase un proxecto da creación de hologramas e como funciona a refracción da luz en diferentes materiais. As persoas participantes levarán para a casa o proxecto realizado cos materiais.

No salón de actos. Para 20 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.