Día do libro infantil

Imagen
02 - 05 de Abril 2025, 9:00 - 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

2 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

-Exposición bibliográfica do 1 ao 30 de abril: "Mitos e lendas na literatura infantil”

Os mitos e lendas na literatura infantil xogan un papel fundamental na transmisión de valores, tradicións e o desenvolvemento da imaxinación. Estas historias ancestrais foron adaptadas para o público infantil, permitindo que os nenos coñezan diferentes culturas a través de relatos máxicos e fantásticos, tal e como exemplifica esta pequena mostra.

Zona de exposicións da sala infantil. Todos os públicos.

 

-Narración oral o 3 e o 5 de abril:

  • Xoves, 3 de abril, ás 17.30 e 18.15: “Xogamos!”. Ramiro Neira. De 0 a 3 anos.

  • Sábado, 5 de abril, ás 12.00: “Contos da avoa Mamá Elvira”. Anxo Moure. +4 anos.