20 de Octubre 2023, 17:30
Actividade do programa Ler Conta Moito con Aida Alonso
Texto de presentación da actividade
Os libros despregables e móbiles achégannos unha experiencia de lectura máis interactiva, desexosos de ser acariñados e manipulados para poder ser comprendidos na súa totalidade.
De forma lúdica e experimental, viaxaremos a un mundo en movemento de creatividade infinita, descubrindo diferentes técnicas e mecanismos que nos axudarán a crear o noso espectacular libro pop-up, cheo de sorpresas.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Nenos e nenas (6-13)
Duración
180 minutos
Sesións
- Sesión única: 20/10/2023 - 17:30
Lugar de celebración
Biblioteca Municipal de Ames - O Milladoiro
Recomendamos consulte a información actualizada sobre esta actividade aqui