Zonchos, colares que salvan ánimas

Imagen
25 de Octubre 2024, 15:30
Biblioteca Pública Municipal do Irixo

Actividade do programa Ler Conta Moito con As Curuxas

Texto de presentación da actividade

Os zonchos son colares máxicos, talismáns que nos protexen o 31 de outubro e o 1 de novembro e que nos permiten salvar aquelas ánimas que precisan dunha axuda para poder descansar en paz. Neste obradoiro confeccionaremos os nosos propios zonchos e aprenderemos da súa historia no realismo máxico galego.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir de 6 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 25/10/2024 - 15:30

Lugar de celebración

Biblioteca publica de O Irixo