25 de Outubro 2024, 15:30
Actividade do programa Ler Conta Moito con As Curuxas
Texto de presentación da actividade
Os zonchos son colares máxicos, talismáns que nos protexen o 31 de outubro e o 1 de novembro e que nos permiten salvar aquelas ánimas que precisan dunha axuda para poder descansar en paz. Neste obradoiro confeccionaremos os nosos propios zonchos e aprenderemos da súa historia no realismo máxico galego.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (a partir de 6 anos)
Duración
60 minutos
Sesións
- Sesión única: 25/10/2024 - 15:30
Lugar de celebración
Biblioteca publica de O Irixo