Lectura de contos e actividade

Imaxe
28 de Abril 2026, 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo da Acougo, Asociación Galega de Familias de Acollida

Cedemos o espazo a Acougo, Asociación Galega de Familias de Acollida para realizar esta sesión de lectura de contos que mostra valores como a igualdade, o voluntariado ou a diversidade. Leranse dous contos: un dos Bolechas sobre que é o acollemento familiar e outro sobre a corresponsabilidade familiar. Trala lectura, a persoa dinamizadora realizará unha actividade cos pequenos e pequenas participantes.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.