Reinstalación de Bibliotecas da Rede

A reinstalación dunha biblioteca inscrita no Rexistro de Bibliotecas de Galicia por traslado a outro local ou modificación do existente, debe ser comunicada á consellería competente en materia de cultura a través do formulario normalizado do procedemento “CT230C - Creación de novos servizos de lectura”. 

A solicitude debe ir subscrita pola persoa representante da entidade titular da biblioteca (alcaldía-presidencia do concello no caso de bibliotecas municipais, presidencia da Deputación Provincial no caso das bibliotecas dependentes destas institucións, reitoría da Universidade no caso de bibliotecas universitarias) ou a titular correspondente, no caso de bibliotecas privadas, e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

A resolución do procedemento correspóndelle á persoa titular da consellería competente na materia de cultura, logo de informe dos servizos técnicos da consellería sobre a idoneidade e calidade dos locais, que deberá emitirse nun prazo de tres meses.

Portátil procedimento CT230C