Apps da Rede

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon á súa disposición dúas aplicacións móbiles coas que pode acceder aos servizos da rede desde o seu teléfono móbil ou tableta:

  • A APP da Rede de Bibliotecas de Galicia
  • A APP eBiblio-Galicia
  1. Mediante a app da Rede de Bibliotecas de Galicia pode:
    • Levar o carné de biblioteca no móbil e empregalo na súa biblioteca de referencia
    • Acceder ao préstamo dixital do Catálogo galego de GaliciaLe
  2. Mediante a app eBiblio Galicia pode:
    •  Acceder ao préstamo do catálogo en castelán de GaliciaLe (eBiblio-Galicia)