Integrarse na Rede

Para solicitar a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia é preciso que a biblioteca estea previamente inscrita no Rexistro de Bibliotecas de Galicia ou que teña solicitada a súa inscrición. 

Solicitude de inclusión

A solicitude de inclusión na Rede de Bibliotecas de Galicia debe dirixirse á consellería competente en materia de cultura da Xunta de Galicia e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no formulario normalizado do procedemento CT230B "Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia”. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Unha vez feita a solicitude, a persoa titular da consellería competente en materia de cultura resolverá sobre a inclusión da biblioteca na Rede. No caso de resolución favorable, esta condicionarase á sinatura dun convenio de colaboración no que se recollerán as obrigas e dereitos de ambas as dúas partes.

Portátil procedemento CT230B