A Dirección Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, elabora a estatística anual da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a partir dos datos que proporciona cada unha destas bibliotecas.
Con este fin, anualmente recóllense os datos pertinentes a través dun formulario baseado na norma ISO 2789 Information and documentation - International library statistics, que tamén inclúe outros elementos alleos a esta norma, pero que son de especial interese para un mellor coñecemento da realidade das bibliotecas públicas galegas.
O prazo para cubrir os datos estatísticos de 2025 está actualmente pechado.