O Club de lectura de Galicia é un servizo dirixido a promover e facilitar o funcionamento de clubs de lectura nas bibliotecas públicas e outras institucións que utilicen esta ferramenta de fomento da lectura..
Este servizo proporciona apoio e coordinación aos profesionais responsables dos clubs e dótase dun fondo bibliográfico básico común, que se actualiza con continuas incorporacións e se pon a disposición dos clubs a través da Biblioteca de Galicia, que opera como biblioteca de préstamo centralizado.
A tipoloxía destes fondos abarca xéneros diversos como a narrativa, teatro, poesía ou, banda deseñada, sen esquecer os textos de lectura fácil. Conta con títulos en diferentes linguas: galego, castelán, francés, inglés, italiano e portugués; e atende a públicos de todas as idades.
Como funciona?
Neste enlace pode consultar as normas de funcionamento.
Como darse de alta?
Para solicitar a alta dun club de lectura, cubra e envíe este formulario achegando esta declaración responsable.
Solicitude de préstamos
Para solicitar un préstamo do Club de Lectura de Galicia, cubra este formulario.
Contacto para a resolución de dúbidas:
cl [at] xunta.gal (cl[at]xunta[dot]gal)
981 54 50 71
981 95 79 66
 
  Listados de libros do club de lectura
Catálogo
Na seguinte ligazón pode accederse á guía para o manexo do catálogo público da Rede de Bibliotecas de Galicia (buscas, información vinculada ao carné, préstamos etc.):
Aquí pódense consultar todos os fondos do Club. Listas públicas: