O catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia está formado polos fondos das bibliotecas públicas integrantes da Rede. Nel poden consultarse os fondos de todas as bibliotecas que o integran e a súa dispoñibilidade.
Existen algunhas bibliotecas que, malia pertencer á Rede, non teñen os seus fondos incorporados ao catálogo único, senón que dispoñen dos seus catálogos particulares, igual que ocorre coas bibliotecas especializadas.
Busca de documentos no catálogo
O catálogo ofrece a posibilidade de realizar unha busca avanzada, permitindo localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta e tamén acoutalos segundo diversos parámetros (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua...). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias...
Tamén se poden consultar as listas creadas polas bibliotecas da Rede e ler os comentarios engadidos por outros usuarios.
Utilidades desde a conta persoal
Na páxina web do catálogo inclúese un acceso para a conta persoal das persoas usuarias. As persoas titulares dun carné de biblioteca da Rede, unha vez autenticadas na súa conta persoal, poden:
- Consultar o seu historial de buscas e de préstamos.
- Renovar os préstamos.
- Reservar documentos que non están dispoñibles.
- Gardar unha selección de rexistros no carriño, para gardar as descricións, envialas por correo electrónico, descargalas ou imprimilas.
- Crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo.
- Propoñer a compra de obras para incorporalas á colección.
- Colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos.
Datos de conexión ao servidor Z39.50 da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
-
Nome do servidor: Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
-
Host: z3950-rbgalicia.xunta.gal
-
Porto: 9998
-
Base de datos: biblios
-
Sintaxe: MARC21/USMARC
-
Codificación: UTF8