Videotitoriais sobre o sistema de xestión Koha

Este manual está creado co obxectivo de axudar ao persoal bibliotecario no manexo do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Está especialmente enfocado ás bibliotecas integradas recentemente ou ás que se integrarán proximamente, pero vale de repaso para calquera outra biblioteca. Nel exponse como realizar as funcións principais dunha biblioteca no sistema de xestión bibliotecaria usado polo catálogo actualmente (programa Koha), pero tamén transmítense os procedementos adoptados pola rede.

A información baséase en videotitoriais e está dividida en catro grandes grupos, que logo subdivídense en diferentes funcionalidades a realizar dentro de cada grupo: