Manifestos e declaracións

Recompilación dos manifestos e declaracións máis relevantes no eido das bibliotecas. Inclúense, por exemplo, os manifestos da UNESCO e da Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias (IFLA) sobre a biblioteca pública, a escolar, a multicultural e a dixital. En canto ás declaracións, recóllense, entre outras,  a Declaración de Londres a raíz do Congreso Mundial do Libro de 1982 para camiñar cara a unha sociedade lectora; a Resolución do parlamento europeo sobre o papel das bibliotecas na sociedade moderna, do ano 1998; ou a Declaración da IFLA sobre as bibliotecas e a liberdade intelectual, realizada en 1999.