Inscribirse no Rexistro de Bibliotecas de Galicia

Que bibliotecas poden inscribirse?

Poden inscribirse no Rexistro de Bibliotecas de Galicia todas as que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición de normativa na materia de bibliotecas.

A inscrición no Rexistro non supón a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia, aínda que é un requisito imprescindible para pertencer a ela.

 

Que hai que facer para inscribirse?

Para inscribirse no Rexistro, a persoa representante da entidade titular da biblioteca debe dirixir unha solicitude á consellería competente en materia de cultura acompañada de copia dos planos do local.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no formulario normalizado do procedemento CT230A "Rexistro de bibliotecas de Galicia". Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365.

A resolución da inscrición no Rexistro de bibliotecas correspóndelle á persoa titular da consellería competente na materia de cultura.

Portátil Procedemento CT230A