O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB)

O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) é o órgano que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas. É un órgano colexiado de composición interadministrativa, dependente do Ministerio de Cultura.

Está composto por 36 membros (presidencia, vicepresidencia, 33 vogalías e secretaría) e estrutúrase nun Pleno, unha Comisión Permanente e cinco Comisións técnicas: 

  • Comisión Técnica de Cooperación da Biblioteca Nacional de España e das Bibliotecas Nacionais e Rexionais das Comunidades Autónomas.
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Públicas. 
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Escolares.
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Universitarias.
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Especializadas.

Ademais, funcionan distintos grupos de traballo no seo de cada unha das comisións técnicas ou mixtos, referidos a cuestións que afecten a varios tipos de biblioteca.

A norma que regula a composición, funcións, organización e funcionamiento do CCB é o Real Decreto 1573/2007, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria. Este regulamento desenvolve a Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas.

Logo CCB