Pautas e directrices

Recompilación das pautas e directrices máis relevantes no eido das bibliotecas. Inclúense pautas sobre a lexislación e política bibliotecaria en Europa, os servizos xenéricos das bibliotecas públicas, os sistemas urbanos de bibliotecas, o acceso á internet nas bibliotecas públicas, o achegamento das bibliotecas ás persoas con discapacidade e ás persoas maiores, a política de colección e os servizos para nenos e mozos; así como as directrices para o desenvolvemento de servizos de bibliotecas públicas elaboradas pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.