Inscrición dunha biblioteca no Rexistro de Bibliotecas de Galicia

Que bibliotecas poden inscribirse?

Poden inscribirse no Rexistro de Bibliotecas de Galicia todas aquelas que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición de normativa na materia de bibliotecas.

A inscrición no Rexistro non supón a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia, aínda que é un requisito imprescindible para pertencer a ela.

 

Que hai que facer para inscribir unha biblioteca no Rexistro?

Para inscribir unha biblioteca no Rexistro, a persoa representante da entidade titular da biblioteca debe dirixir unha solicitude á consellería competente en materia de cultura acompañada de copia dos planos do local.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no formulario normalizado do procedemento CT230A "Rexistro de bibliotecas de Galicia". Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365.

A resolución da inscrición no Rexistro de bibliotecas correspóndelle á persoa titular da consellería competente na materia de cultura.

Portátil Procedemento CT230A