Políticas de privacidade

PRIVACIDADE

Para usar a app da Rede de Bibliotecas de Galicia é necesario que se identifique co seu número de usuario e contrasinal de acceso proporcionado pola súa biblioteca. Esta información é recollida e utilizada pola app para xestionar o seu acceso ao catálogo galego de GaliciaLe e as distintas funcionalidades que ofrece a aplicación (busca, préstamo, descarga, lectura ou visualización, listaxe de favoritos).

Ademais, a súa información de usuario será utilizada pola Rede de Bibliotecas de Galicia cando utilice o carné dixital para o acceso a calquera das bibliotecas que a integran ou cando realice cambios no seu perfil (informar da perda do carné ou solicitar a baixa do carné).

A app emprega cookies para conservar as súas preferencias de idioma e as seleccionadas no apartado de Axustes. Tamén emprega cookies estatísticas, que recompilan información sobre o uso que se fai da aplicación e que se utiliza para realizar melloras na app. Esta información estatística convértese en anónima antes de ser utilizada.

 

PROTECCIÓN DE DATOS

Os seus datos persoais, recollidos a través da súa solicitude de carné da biblioteca, son tratados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o seu acceso aos servizos bibliotecarios a través da Rede de Bibliotecas de Galicia e remitirlle información respecto destes.

A base lexitimadora do tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada no disposto na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

Estes datos conservaranse con carácter xeral mentres a persoa interesada non solicite a baixa do seu carné.

Informámoslle así mesmo que poderán ter acceso aos datos persoais as entidades titulares das bibliotecas integradas na referida Rede de Bibliotecas de Galicia, como colaboradoras na prestación dos servizos.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición e supresión dos seus datos, así como outros dereitos través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto co delegado/a de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.