Entreliñas, podcast literario da bibliotecas públicas

Imaxe

A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto Entreliñas, un podcast destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas.

Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición e a lectura.

Polos seus diferentes capítulos xa teñen pasado autores e autoras como Marilar Aleixandre, Ismael Ramos, Estíbaliz Espinosa, María Solar, Ledicias Costas ou Dores Tembrás.

Ademais, tamén debullan iniciativas das diferentes bibliotecas, falan con directores/as e técnicos/as dos diferentes espazos bibliotecarios públicos e amosan recomendacións lectoras de persoas referentes no ámbito literario galego.