Exposicións virtuais da Biblioteca de Galicia

Imaxe

A Biblioteca de Galicia pon a disposición das persoas usuarias unha plataforma de exposicións virtuais a través da que visitar en liña as diferentes mostras que pasan polo seu espazo.

Nesta plataforma están recollidas as exposicións realizadas dende o ano 2014, que versaron sobre figuras, movementos, xéneros ou aspectos diversos claves do sistema literario galego. Entre outras, poden visitarse as mostras dedicadas aos escritores e escritoras homenaxeados nos últimos anos polo Día das Letras Galegas, como foron Francisco Fernández del Riego, Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero ou Antón Fraguas.