App eBiblio-Galicia

Esta aplicación constitúe un acceso directo ao préstamo do catálogo en castelán de GaliciaLe (eBiblio-Galicia).

eBiblio é un servizo gratuíto de préstamo de libros electrónicos en liña coordinado e impulsado pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia.

Conta cunha extensa colección de libros, revistas e audiolibros para usuarios de bibliotecas públicas, tanto novidades editoriais como clásicos, así como obras de interese xeral, incluíndo títulos de ficción e non ficción para público adulto e infantil.

eBiblio conta cunha extensa colección de libros, revistas e audiolibros para usuarios de bibliotecas públicas, tanto novidades editoriais como clásicos, así como obras de interese xeral, incluíndo títulos de ficción e non ficción para público adulto e infantil.

Poderás tomar en préstamo:

  • Libros electrónicos: 3
  • Audiolibros: 2
  • Revistas: 2

Período de préstamo:

  • Libros electrónicos: 21 días
  • Audiolibros: 21 días
  • Revistas: 72 horas

Poderás reservar:

  • Libros electrónicos: 2
  • Audiolibros: 2
  • Revistas: 2

Como ser socio de eBiblio

Se es socio ou socia dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia xa es usuario de eBiblio Galicia.

Se non o es, pode dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte da devandita Rede e e solicitar o teu carné de biblioteca. Se che resulta máis cómdo, tamén podes realizar a solicitude en liña.

Captura da app de eBiblio

Credenciais da conta

  • Usuario: número de lector do teu carné de biblioteca proporcionado ao darte de alta no servizo.
  • Contrasinal: o que empregas para acceder ao catálogo dixital da túa biblioteca ou o proporcionado ao darse de alta no servizo.

Se non lembras o teu contrasinal, podes obter un novo.

Descarga

A aplicación eBiblio está dispoñible tanto para Android como iOS e podes descargala directamente nas súas respectivas plataformas. Para facelo escanea o código QR correspondente segundo o sistema operativo do teu dispositivo móbil ou accede a través das ligazóns que atoparas deseguido.

QR de descarga de eBiblio, de Google Play e Apple Store
Descarga a app escaneando os códigos QR, para Google Play e Apple Store