A conexión entre eles, as súas voces e a súa maneira de sentir son as bases do grupo, destacando o poder que transmiten e o vínculo que teñen co seu público.
As súas letras están cheas de emoción, contando historias cunha intensidade ás veces doce e outras veces abrumadora.
Descrita como unha intérprete de forte personalidade, refinada técnica e orixinalidade nas súas propostas, Paula Ríos desenvolve unha intensa actividade como solilsta en España, Reino Unido, Francia, Suiza, Alemaña e Arxentina, e realizou gravacións para RNE, TVE, Radio Suisse Romande, TVG, IB3 e RG.