Ourense

Amosando 169 - 180 de 449
Evento

O día 19 ás 18:30, temos preparada unha xuntanza aberta dos obradoiros de escritura creativa da biblioteca. Unha velada onde algúns dos seus integrantes amosarán o que aprenderon durante o curso a través da lectura de textos propios compostos para a ocasión.

Con esta actividade buscamos ademáis fomentar a lectura en voz alta e a escoita activa.

Evento

Mostra itinerante coa que a Asociación ecoloxistas en acción explica a importancia dos insectos para manter os ecosistemas sans. Pódese ver no primeiro andar da biblioteca

Evento

Durante un mes e como en anos anteriores contaremos cunha exposición de fin de curso 2024-2025 da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. 

A exposición recolle parte dos traballos realizados polas alumnas e alumnos deste curso nas distintas especialidades que se imparten. Poderase visitar no vestíbulo da biblioteca no seu horario habitual de apertura.