28 de xuño, nin un paso atrás

Imaxe
16 de Xuño - 17 de Xullo 2023, 8:00 - 14:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Mostra LGTB

Este 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB, a biblioteca quere sumarse á loita pola igualdade real e efectiva de todas as persoas que forman parte deste colectivo. Para facelo creamos unha mostra bibliográfica en que atoparedes cousas tan diversas como: historias de destacados activistas, biografías de grandes iconas LGTB, transexualidade, xénero, maternidade queer, testemuños reais, e moito máis.

Lembrade que a biblioteca conta cunha sección permanente na sala de préstamo, a biblioteca LGTBiQ+, en que atoparedes todos aqueles materiais que tratan temas que xiran arredor do colectivo, así como obras de ficción, biografías e cómics.

Para complementar esta mostra, desde a biblioteca preparamos ademais un percorrido que da conta da evolución histórica do movemento LGTB ata os nosos días. Para acceder a el poderedes empregar a ligazón desta páxina web ou escanear o código QR que atoparedes xunto á mostra bibliográfica.

Ademais, no Spotify da biblio tedes unha lista con éxitos musicais convertidos en himnos LGTB e que sonan en manifestacións e marchas de todo o mundo.