10 de Outubro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Un espectáculo de circo para toda a familia terrorificamente divertido: unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos. O entrañable Rogelio volve nesta segunda entrega para presentar unha delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo preparado para levar a cabo o Abracadaver. Quen dixo medo?
Data e hora: venres 10 de outubro ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos.
Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala.