07 de Outubro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contos para bebés con Charo Pita
Contos para a cativada da casa narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeicos, cantigas, álbums ilustrados e libros de imaxes. Para escoitar á calor dunha aperta.
Na sala infantil. Actividade dirixida a 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada bebé debe estar acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas deben recoller a invitación no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.