11 de Abril - 11 de Maio 2025, 11:00
Mostra bibliográfica
No mes do libro, selecionamos unha serie de cómics que adaptan obras literarias de diversas épocas: dende clásicos da nosa literatura ata best-sellers do século XXI.
A través desta mostra bibliográfica, descubrirás que transformar unha novela en banda deseñada non significa poñerlle debuxos ás palabras. Existe todo un complexo traballo de sintetización e reinterpretación que, a miúdo, ofrece resultados sorprendentes.
Achégate á comicteca para comprobalo e lembra que ler cómic, tamén é ler.