14 de Febreiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Celebramos o Entroido co contacontos a cargo de Iván Dávila
Cales son as tres actividades que adoitamos facer no Entroido? Disfrazarnos, gastar bromas e pasalo ben! Iso mesmo é o que fan os animais protagonistas destas historias: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga máis vella do mundo.
No Entroido disfrazámonos para ser outra persoa ou quizais estamos disfrazados todo o ano e só nestas datas deixamos saír o noso lado máis salvaxe?
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.