17 de Xuño 2023, 12:00
Festival Atlántica
Contacontos para público infantil e familiar (+3 anos)
Vero Rilo lévanos a unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos.
Actividade do Festival Atlántica — Festival Internacional de Narración Oral.