18 de Decembro 2025, 17:30 - 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.
Animaliños é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo.
Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia... A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ao bosque, á selva...
Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha urraca moi golosa e a un coello e un papagaio que teñen unha granxa.
Idade: de 0 a 3 anos.
Duración: 30 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.