Charla de Carlos Otero Vilariño
Carlos Otero Vilariño, técnico de investigación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC) falaranos das novas tecnoloxías que permiten aos arqueólogos e arqueólogas descubrir cousas novas e inesperadas que permanecían invisibles.
Coa teledetección ou as prospeccións xeofísicas podemos estudar os xacementos sen necesidade de escavalos, e cubrir grandes áreas en pouco tempo; deste xeito algúns xacementos amosan unha extensión e complexidade sorprendentes. Outras técnicas de laboratorio achéganse aos obxectos arqueolóxicos cun grao de detalle que permite saber máis que nunca como foi a súa vida nas mans das nosas antergas e antergos.
Nesta ocasión, faremos un percorrido por diferentes lugares e obxectos arqueolóxicos de Galicia que agora entendemos mellor grazas ás novas tecnoloxías. Pero canto máis sabemos deles, máis preguntas nos abrollan…
No salón de actos da biblioteca. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.