Arquitectura de emerxencia: Obradoiro de construción para miniarquitectos

Imaxe
25 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Nuria Prieto

Que pasaría se fose posible levar unha casa na que vivir debaixo do brazo, dobrada e con pouco peso?. Parece algo imposible, xa que unha casa está formada por unha suma de espazos bastante grandes. Pero encartando de forma adecuada os “muros” unha casa para catro ou seis persoas pode ocupar o espazo dunha mochila grande. Como é posible?

Hai moitos deseños de casas pegables e estes poden modificarse segundo as necesidades: pódense pintar de cores, abrir xanelas, colocar mobles e moito máis para convertelo de verdade nun fogar.

Familias con nenos/as de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da biblioteca

Duración 60 minutos.

Inscrición previa a partir do 15 de novembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.