Arredor de NÓS

Imaxe
01 de Abril 2026, 17:00
Porta do Xurés de Lobeira

Homenaxe a D. Ramón Otero Pedrayo

Arredor de NÓS toma o seu título do libro Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo e da Xeración NÓS.

Mediante contos, fragmentos adaptados e cantigas inspiradas na súa obra, o bardo Abelardo a achega ao público os valores centrais da Xeración Nós:a defensa da lingua, a memoria, a relación coa terra e a cultura como ferramenta de construción colectiva.

 

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos, con ela conmemoramos os 50 anos do pasamento de D. Ramón Otero Pedrayo.

Hora: 17:00h

Espazo: Porta do Xurés do Concello de Lobeira