Artes galegas 2024: Asorey, un escultor monumental

Imaxe
01 de Abril 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro da man de Crearte Servizos Culturais

Francisco Asorey está considerado como un dos máis grandes escultores galegos de todos os tempos e este ano réndeselle homenaxe no Día das Artes Galegas 2024.

Nós imos celebralo dun xeito especial: cun obradoiro creativo no que nenas e nenos experimentarán co proceso creativo do artista facendo a maqueta dun monumento escultórico propio e a reprodución reducida dunha obra de Asorey que poderán levarse a casa.

No salón de actos. Para 20 nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.