Autoras de aquí e acolá: autoras de cómic españolas e hispanoamericanas

Imaxe
10 de Marzo - 10 de Abril 2025, 12:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Ourense

Mostra bibliográfica

Polo Día do cómic e o Día da muller, propoñemos unha mostra bibliográfica de cómics de autoras españolas e hispanoamericanas, con especial atención ás novas propostas surxidas nos últimos anos. Acompañamos a mostra con exemplos dos traballos máis salientables dalcunhas das autoras.