A cargo de Raquel Galavis
Unha experiencia sensorial e emocional, inspirada nos principios da pedagoxía Montessori.
A través de historias sinxelas, belamente narradas, as nenas e nenos explorarán emocións, sons, texturas e elementos do entorno natural que os rodea.
Unha proposta conectada coa realidade cercana, que fomenta a imaxinación e promove un desenvolvemento natural e unha maior comprensión do mundo que nos rodea.
Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 28 de maio ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.