A biblioteca encantada

Imaxe
10 - 14 de Xullo 2023, 9:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Escola de Maxia David Méndez

Se che gusta a maxia, esta é a túa actividade para o verán.

Formulación máxica, dinamica e divertida onde coñecerán os conceptos fundamentais da maxia e aprenderán a facer xogos sinxelos para sorprender aos seus amigos.

Mergullate nos segredos do mundo da maxia e coñece as infinitas posibilidades que ofrece a arte de ilusionar da man do mago David Méndez.

Semana chea de actividades máxicas adaptadas á idade dos participantes: experimentos máxicos, robótica, ilusións ópticas, bricomaxia, obradoiros creativos, animación, e máis sorpresas.

Gala final de alumnos creando un espectáculo para familiares, amigos.A gala é voluntaria e nela participan activamente todos os participantes á actividade.

Nesta actividade máxica de iniciación, paralelamente á aprendizaxe da maxia, aprenderás a:

• Aumentar a túa capacidade creativa e de coordinación.

• Coñecer as diferentes especialidades que ten a maxia

• Traballo grupal: aprenderán a comunicarse para traballar en equipo, fomentar o seu liderado, desenvolverán a súa autoestima e a seguridade en si mesmos.

• Perder o medo escénico e falar ante o público.

• Mellorar a expresión corporal

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h de luns a venres

Ludoteca

Inscrición previa dende o luns 3 de xullo na sala infantil e no teléfono 982828329