Bolboretas

Imaxe
18 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos con Sole Felloza

Laia berrou dende a porta:

    -Mamá vou a dar a volta ao mundo.

E Salaia, a súa nai, cun sorriso como a lúa crecente, dixo adeus coa man. Sabía que cando os pés piden camiño ninguén pode pararlles. O mundo precisa que o camiñen para existir. E así Laia voou polo camiño, na súa bicicleta lila, e coñeceu as historias que hoxe conta. Historias de mulleres bolboretas que coma ela, un día escoitaron o seu corazón.


 

Bolboretas é un espectáculo de narración oral onde as historias de nenas e mulleres que voan alto son as protagonistas. Todo acontece dende unha maleta chea de recordos. Na voz de Laia, chegan estes contos. Nove historias de nenas e mulleres para contar que outro mundo, sen violencia e con igualdade, é posible. 

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.