Brinca vai! De aquí a acolá

Imaxe
20 de Decembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Paco Nogueiras

Cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Duración: 45 minutos

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala