Brincadeiras da lingua

Imaxe
14 de Febreiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Migallas Teatro

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

María Campos

Carlos Yus

Música: cancións tradicionais

Escenografía: María Campos

Vestiario: Celsa Cabaleiro

 

Salón de actos.

Entrada libre ata completas a capacidade da sala.

Público familiar a partir de 3 anos.

Vídeos