Caderno de cores e cancións

Imaxe
22 de Novembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Espectáculo con Magín Blanco

Celebramos o Día da Música con este espectáculo da man de Magín Blanco. O Caderno de cores e cancións é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións.

Magín Blanco convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

Para público familiar.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.