A caixa de Pandora

Imaxe
13 de Xaneiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Maxia co Mago Toño

Espectáculo de maxia con variedade de efectos máxicos como aparicións, desaparicións e ilusións arredor da máxica caixa de Pandora.

Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos e cartas combínanse maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Para nenos e nenas de 3 a 8 anos.



No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.