Cambia o conto

Imaxe
02 de Abril 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Espectáculo musical da man de Música Miúda

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo musical “Cambia o conto” da man de Música miúda. Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!

Ademais, leremos o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil que este ano correspondeulle á sección de Xapón do IBBY, Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil. Difunde así a mensaxe da escritora Eiko Kadono baixo o lema “Surca os mares coas alas da túa imaxinación”, ilustrado por Nana Furiya.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.